¿Que é «Europa é unha muller»?

«Europa é unha muller» é unha iniciativa de QUARK poesía que pretende establecer unha serie de encontros entre poetas europeas para que se dean a coñecer ao público catalán e español, ao tempo que as autoras estranxeiras saiban da existencia e da calidade das nosas poetas. Este primeiro proxecto do grupo QUARK poesía céntrase nas mulleres poetas, dado que é este un dos colectivos con moitos nomes de poetas pouco coñecidas e pouco traducidas.

A tendencia actual e histórica de incluír, nos festivais e antoloxías, unha porcentaxe de mulleres poetas moi inferior á representación do sexo masculino, non responde (e queremos crelo así) a unha discriminación dirixida, nin voluntaria, nin consciente, senón á ignorancia das últimas tendencias poéticas europeas e as súas voces, moitas delas femininas.

O rapto de Europa - Antonio Carracci

inicio

Natureza dos encontros

Faranse diversos encontros ao longo do ano que darán pé a recitais, mesas redondas e conferencias. A natureza dos encontros ten como obxectivo básico coñecer a obra poética dun conxunto de autores mediante a lectura e a traducción da súa obra. Estes encontros pretenden ser diversos en autores invitados e linguas de traballo.

inicio

Cuestións de xénero

Este programa de encontros que se presenta neste documento mostra que, no intercambio de voces, non se pretende, nin moito menos, excluír as voces masculinas, senón poñer en relevancia os nomes e a obra de autoras e autores que consideramos de grande calidade e que, sen embargo, son relegados ao esquecemento debido a unha inercia selectiva (sendo o mesmo público lector quen é en última instancia o relegado á repetición reiterada dos mesmos nomes e excluído de liñas novas e, seguro, enriquecedoras.)

Quixemos que houbera un representante masculino en cada unha das sesións para non impoñer un criterio excluínte no alcance do evento e do público asistente. Tal e como fica expresado pola porcentaxe, este primeiro proxecto de QUARK-poesía pretende favorecer a literatura escrita por mulleres a modo de espello da realidade actual na que os homes, pola súa maior capacidade de alterne e outras razóns que non se refiren á calidade, copan as esferas de actuación.

inicio

Selección das poetas

No que atinxe á selección de poetas, prima o propósito de reunir poetas catalanas de diferentes comarcas con poetas de outras rexións de España e outros países europeos. Dedicar un programa de encontros aos autores menos coñecidos de linguas menos traducidas favorece un aspecto da creación artística que se caracteriza polas trabas que atopa para ser presentado ao gran público e cumprir, dese xeito, co propósito primordial do feito artístico: abrir vías de coñecemento e de transformación da sociedade. A poesía é un xénero que vende poucos libros, pero moitos espectáculos. Por menos vendido non é menos concorrido. Sabemos que as mulleres representan o maior colectivo de lectoras. Temos que demostrar que se non son o maior colectivo de escritoras, é porque algo ou alguén llo impide.

Se non se abren xanelas poéticas novas na sociedade, o aire que respiramos enrarécese. Por dicilo con palabras do poeta suízo Gerhard Meier:


Ich muss ein Herz / aus Eisen haben / ich spür es / oxydiert
(Debo de ter un corazón de ferro, noto que se me oxida)

inicio

Traducción deElena Iglesias Domínguez

Campus d'excel·lència internacional U A B